A andadura, é unha disciplina hípica tradicional que consiste no desprazamento do cabalo por bípedos laterais, de forma sucesiva e uniforme, é dicir, o cabalo desprázase movendo tanto o pé como a man dun lado e do outro á vez, de forma alternativa, conseguindo un movemento moi estable para o xinete.
Dentro do territorio español, a pesar de que en toda a súa historia foron moi utilizados os cabalos de Andadura, Galicia é actualmente o único lugar onde se entrena e practica esta disciplina, debido principalmente á gran aficción ó mundo do cabalo, xunto co gran afán de loita polas tradicións que reside en todo galego.
A Andadura Galega, como se coñece en toda a Península, prácticase na nosa comunidade dende fai séculos, principalmente a provincia de A Coruña foi e será sempre, a referencia mais importante desta tradición hípica. Concretamente o pequeno pobo de Moeche (Ferrol) foi a cuna da Andudura, xa que a maneira de entrenar e preparar os cabalos xunto coa arte para a monta destes exemplares, foi pasando de avós a netos de maneira moi especial nesta terra.
Hoxe en día en Galicia, son moitas as carreiras que se realizan con cabalos de Andadura nas distintas feiras e exhibicións que recorren toda a comunidade. Existen feiras dentro do territorio galego que se levan celebrando dende hai mais de 400 anos, e nas que sempre se viron os xinetes da zona paseando cos seus cabalos de Andadura, como pode ser: o 23 de abril en Moeche, San Lucas en Mondoñedo… Chegando a crear no ano 1.997 un Campeonato Galego de Andadura, coordinado pola Federación Hípica Galega.
Dentro da andadura galega existen duas modalidades ben diferenciadas:
- Dous tempos (Andadura Serrada): na que o cabalo se despraza apoiando os bípedos do mesmo lado á vez. Realizando un son de dous golpes no chan.
- Catro tempos (Andadura Chapeada): na que o cabalo ó desprazarse cos bípedos laterais, apoia primeiramente o pé que a man, realizando así un son moi representativo, xa que toca de forma alterna cos catro pés no chan.
É tanta a aficción e experiencia nesta disciplina, que gracias ó control en cubricións e cría, existen estirpes de cabalos que de forma natural realizan este paso.