Historia
Cabaleiros de Lalín constituíuse como asociación o día 21 de novembro de 2008, o número de socios nun principio foi de 128 e na actualidade xa conta con 198 socios. Entre os seus fundadores cabe sinalar a: José Cuñarro (Primo), Carlos Seixas (Bernabé), Plácido Rodriguez (Palitos), Jesús Taboada e Jaime Adán, entre outros moitos.
A directiva foi encabezada por José Cuñarro como presidente, Patricia Seixas como secretaria, Plácido Rodríguez e Jesús Taboada como vicepresidentes, Jaime Adán Puga como tesoureiro e Amalio Framiñán, Celso González, Alberto Lamas, Santiago García, Carlos Seixas e Carmelo Barreiro como vocais.
Patricia Seixas, foi a encargada de elaborar este fabuloso logotipo para a Asociación.
Logo buscouse un patrocinador, neste caso NANTA (Almacenes Donramiro) que se implicou con Cabaleiros de Lalín patrocinando a súa marca comercial, a cal, se mostra por toda a xeografía galega nas cazadoras que se confeccionaron para as rutas.
Dende entón as competencias fundamentais da Asociación son: negociación de prezos, xestión de seguros, realización do Camiño de Santiago en Semana Santa, organización de rutas e kedadas cabalares, desfile na Cabalgata de Reis en Lalín e na Feira do Cocido organización de saídas para ver espectáculos ecuestres como o de Appasionata ou Rodeo Europe Tour e visitas a ganaderías como Complutum Arabians e Yeguada La Ventanilla.
Pero sen dúbida, o que mantén a unión e a amizade na Asociación é a realización de rutas que combinan o práctica do deporte, o ocio e a amizade. Algunhas destas rutas máis representativas son: a ruta á Gouxa, a Ruta dos Arrieiros, a ruta a Mouriscade, a ruta á Arzúa, ruta a Vedra, ruta a Baltar, Ribadumia ou a ruta a Vilamarín entre outras moitas que terían cabida aquí.
O obxectivo de Cabaleiros de Lalin é ofertar unha ampla gama de rutas e actividades de lecer para os socios e non socios, co fin de disfrutar deste apasionante mundo do cabalo no contorno que nos rodea.
Pero a historia non remata aquí, senón que segue aberta ós numerosos camiños e rutas que quedan por descubrir e realizar en CABALEIROS DE LALIN.