DESFILE “FEIRA DO COCIDO DE LALIN” Imprimir Correo-e

 

Dende o ano 1.969, Lalin rende honra a un dos pratos máis importantes da cociña galega, o Cocido. Dende esta data a Feira do Cocido foi gañando fama e na actualidade é de gran referencia gastronómica tanto no panorama autonómico como nacional. Desta maneira, esta Asociación Cabaleiros de Lalin tamén se apunta á tradición, e como non podía ser doutro xeito, cun desfile de cabalos e unha elaborada carroza, onde xinetes e amazonas luzen as súas mellores galas: o traxe oficial de Cabaleiros de Lalin. 

 

 

As carrozas que elaboramos estes anos foron representacións de espectáculos televisivos de gran audiencia como son: “Mira Quien Baila ”no 2009,“Tu si que vales” no 2010 ou “Land Róber” este ano 2011, esta última foi todo un éxito, xa que, participamos no programa A Solania da Televisión de Galicia para facer unha escenificación do programa. Ademais disto, Cabaleiros de Lalin tamen participou noutros programas como: Vaia Troula ou o propio Land Róber.

 

MIRA QUIEN BAILA!

 

Unha delas é esta que mostramos a continuación, no ano 2009, a primeira que se fixo dende que se fundou “Cabaleiros de Lalin” no ano 2008. É unha representación do programa “Mira Quien Baila”, no cal un conxunto de famosos compite entre sí nun concurso de baile de varios estilos, pero ó estilo Lalín. Todo acompañado dun afanoso público e dun xurado encargado de puntuar ós concursantes.

 

 

 TU SI QUE VALES!

 

Outra das recreacións de cabaleiros é a do programa “Tu si que vales”, esta vez no ano 2010. Nesta carroza representábase o programa máis desenfadado da televisión, o concurso trataba de coñecer o talento das personas, do que eran capaces de facer ou representar. A carroza componse dun animado público case todos membros da Asociación Cabaleiros de Lalin cunha serie de concursantes e como presentador a Pepe Primo, presidente desta asociación.

 

 

 

LAND RÓBER!

 

 

Neste ano 2011 optamos por outra recreación televisiva, a do programa “Land Róber”, da TVGA coa representación do show do Sheriff Bill e o Especial Waka Waka de Tráfico. Desta vez, o programa de humor, música e entrevistas foi presentado por Pepe Primo, recreando ó humorista galego Roberto Vilar, onde o público se implicou nas parodias que propoñen os personaxes do programa.

Esta carroza foi, quizais a de máis éxito con respecto ás anteriores, con ela participamos na Feira do Cocido de Lalin como noutros anos e nos carnavais de Bandeira e Rodeiro, onde o público se convolcou completamente con Cabaleiros de Lalin animando o seu particular show.

Ademais disto, Cabaleiros de Lalin tamen asisitiu como convidado ó programa A Solania, emitido cada tarde na TVGA, para facer unha representación do Sheriff Bill e do Especial Waka Waka de Tráfico en directo !! que se pode ver na galería multimedia, no apartado de vídeos.