Cabaleiros de Lalin ten como actividade primordial as rutas a cabalo que se realizan durante todo o ano, desta maneira, podemos afirmar que somos unha das asociacións ecuestres de Galicia que mais rutas convoca, algunhas destas son as seguintes:
Rutas
RUTA DE INVERNO A GOUXA
A ruta máis tradicional que promove Cabaleiros de Lalin, é a chamada “Ruta de Inverno a Gouxa” que se ven celebrando cara finais do mes de xaneiro. Esta ruta de 22 kilómetros aproximadamente, transcorre por Donramiro, A Penela, Moneixas, Catasós, Ponte Noufe, Dozón e A Gouxa, a cal acuden xinetes e amazonas de localidades tan dispares como Tui, Pontecaldelas, Carballiño, Arzúa, Ribadumia, Rodeiro, Xinzo de Limia, Piloño ou Moraña ademais do groso de participantes de Lalin.
Unha vez que chegan os cabaleiros á Gouxa estes poden degustar: panceta, pan e viño, antes de proceder á festa acompañada de pulpo, carne ó caldeiro «estilo A Gouxa», postre, café, chupitos, barra libre e animación musical, co «Dúo Nebraska».
Deseguido hai sorteo de agasallos doados polas diferentes firmas que colaboran con Cabaleiros de Lalin e entrega de diplomas a xinetes e amazonas nomeados, e como non, música, baile, festa……..porque somos Cabaleiros de Lalin!!…….
RUTA DA FESTA DO PORQUIÑO O ESPETO
Tamén cabe nombar, a “Ruta da Festa do Porquiño ó Espeto” que ten lugar no entorno de Mouriscade. Esta xuntanza de aficionados, inicíase cun percorrido entre o Clube Hípico Juan Oliveira de Mouriscade e Vilatuxe cun total de 20 kilómetros aproximadamente.
A ruta comeza as 10 da mañá partindo do Clube Hípico, dirección Vilatuxe, lugar onde se fai unha parada para tomar un temtempé antes do camiño de retorno. Xa de volta, comezase a degustar o menu que da nome a esta festa e todo amenizado por un dúo musical. Esta sería, polo tanto, unha ruta dominical típica de Cabaleiros de Lalin, onde a amizade e a alegria sempre está presente entre os socios.
RUTA DOS ARRIEIROS
E como non, a “Ruta dos Arrieiros” que é un traxecto que transcorre por un antigo Camiño Real, unindo a zona de produción do viño de Ribadavia (Ourense) con Pontevedra. A Ruta leva este nome en honor ós arrieiros, que eran comerciantes ambulantes que transitaban o Camiño, transportando as mercadorías sobre unha mula ou cabalo e recorrían durante días as diferentes vilas da Ruta. Tamén é coñecida como a Ruta do Viño, debido a que no traxecto de Ourense cara Pontevedra os arrieiros transportaban principalmente viño, que ían vendendo ou cambiando por outros productos.
Desta maneira, a Asociación Cabaleiros de Lalín, no ano 2009 dedice realizar a Ruta dos Arrieiros con 30 atrevidos dende a vila de A Cañiza, pasando por Ribadavia, Leiro, Gomariz, Cabanelas, O Torrón, Arenteiro, O Tellado, Zobra e Lalín cun itinerario de 100 kilómetros en tres xornadas de duración.
RUTA CABALAR EN AGOLADA
Outra das rutas de Cabaleiros de Lalin, é a “Kedada Cabalar de Agolada”, celebrada por primeira vez a finais de novembro do ano 2010. Esta ruta de 30 kilómetros aproximadamente, comeza dende o Clube Hípico Juan Oliveira de Mouriscade pasando por: Feal, Botos, Filgueiroa, Filgueira, Sello, Muimenta, Cadrón, Vilariño e Agolada.
É unha magnífica ruta para disfrutar das paraxes que ofrece a comarca do Deza. Unha vez no concello de Agolada, darase cobixo ós cabalos e logo disfrútase dunha magnífica cea a base de “Cocido de Lalin”, postre, café, chupitos e barra libre todo acompañado como non podia ser doutra maneira do grupo musical “Dúo Nebraska”.
Logo da cea, haberá entrega de diplomas e sorteo de diversos artigos de equitación cedidos polas distintas firmas que colaboran con Cabaleiros de Lalin como Guarnicionería Hnos. Gómez (Arzúa), Hípica O Romao (Vilamarín), Hípica Marcos (Tui) entre outros.
RUTA CABALAR EN VILATUXE
Ademais destas rutas, cabe destacar a “Kedada Cabalar de Vilatuxe”, celebrada por primeira vez no ano 2010 nos Carballiños, en Vilatuxe, en homenaxe ó ferrador de Penaporrín (Luis Pereiro) por toda unha vida adicada ó mundo do cabalo. Neste ano 2011, a kedada xirou entorno a un espectacular asado arxentino da man dos expertos asadores Miguel e Xosé Luis.
Esta xuntanza de cabaleiros comeza pola mañá cun percorrido a cabalo duns 23 km partindo de Os Carballiños, pasando por Chedas, Zobra, Lebozán, Moa e A Balagosa para regresar a Vilatuxe para xantar.
Pola tarde, os aficionados ó mundo do cabalo poden disfrutar das diversas actividades que están programadas como: xincana para nenos e adultos, a cal consiste en que un xinete sobre o seu cabalo sexa capaz de realizar un curto percorrido en zig-zag e saltar unhas pacas de palla para recoller e transportar ó compañeiro ata meta, que espera sobre un bidón. Todo isto nun tempo récord, xa que o xinete que realice a proba no menor tempo será o gañador.
Logo, demostración de andadura galega nas modalidades serrada e chapeada, demostración de andadura de cabalos trotóns e demostración de trote de trotóns, bautismo hípico…..
Ademais, un toro mecánico permitirá os xinetes medir o seu aguante e buscar un premio.
Todo isto amenizado pola presenza do «Dúo Nebraska» onde haberá entrega de diplomas a xinetes e amazonas nomeados e sorteo de agasallos. Ó final da xornada hai sorteo dun equipo de montar (silla e cabezada).